maio 19, 2006

Dolmen de Dombate

Vindo de Ponteceso, entrados xa no concello de Cabana de Bergantiños e de camiño a Laxe desvíamonos cara ao lugar chamado chan de Borneiro. A desviación é xustificada: queremos facerlle visita ao Dolmen de Dombate (www.dolmendombate.com) que é no noso universo: o Dolmen. Ao chegarmos aprezamos a carpa negra metálica que cubre e imposibilita a visión ampla e distante do Dolmen. Máis tarde saberemos, por comentario do guía, que esta carpa está aí dende 1990, ano no que se quixeron protexer da destrución solar ás pinturas que hai no interior. Agora, segundo tamén afirma o guía, a metálica rede negra está a estragar máis cá protexer, xa que fai que se conserve unha alta humidade no interior que desfai tanto ou máis cós raios do Sol. Todo en si unha metáfora do país. Aínda estamos á espera de que o novo goberno tire de enriba a negra tea de arames enferruxados na que o país ficaba aferrollado. De momento non hai resposta.

Ningún comentario: