maio 28, 2006

Cousas simples a facer pola lingua


Rei de Copas http://reidecopas.blogspot.com vén de propoñer 7 cousas simples a facer pola lingua (http://reidecopas.blogspot.com/2006/05/algunhas-cousas-simples-que-podemos.html)
1. Falar galego con naturalidade, sen facer diso unha bandeira nin unha doutrina.
2. Fuxir dos tópicos sobre segundo as formas quen pode ou non expresarse en galego.
3. Pedir con amabilidade e firmeza que a documentación da nosa vida estea redactada na nosa lingua. Mantérmonos na lingua na nosa vida cotiá.
4. Agasallar libros en galego aos nosos amigos e coñecidos.
5. Evitemos as discordias innecesarias.
6. Dirixámonos aos candidatos do noso concello e amosémoslles a nosa preocupación ou satisfacción, segundo sexa o caso, pola estado da lingua.
7. Participemos na vida cidadá en galego.
Dende aquí unímonos a estas recomendacións de Rei de Copas.

Ningún comentario: