maio 12, 2006
Carnestoltes vs Antroido I
Cada mañá, despois de espelir o sono, a Clariña ergue a súa conciencia de case cinco anos e unha vez vestida, lavada, peiteada e almorzada, sae á rúa cara á súa escola colléndose da miña man de pai. A cidade, a esas horas, está xa esperta de máis, e cruzar as rúas convértese nun exercicio que cómpre facer con máxima precaución. A Clariña ten esa lección ben aprendida e aperta a miña man no momento de cruzarmos. No traxecto de casa á escola sempre hai conversa. Papi –di dende a súa pequena estatura-, sabes que onte estivemos buscando o carnestoltes. E ¿atopástelo?, pregunto eu. Si, si, estaba no patio de primaria cos nenes grandes. Despois vén cando eu lle explico que no noso país, aló onde os carballos falan, ao carnestoltes chamámoslle antroido –aínda que ben non sexan a mesma cousa, penso para min-. Entón ela coa súa garimosa e pequena voz di: ¡Ah, antroido!.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario