
Calquera que teña ido a un destes parques temáticos que nacen e se reproducen coma cogumelos polo conxunto de Europa,
nun inquedante arremedo do american way of life, terá percibido como neles se empregan determinadas identidades e elementos culturais como produtos de lecer -enterteiment- ao servizo do mercado. Estes días visitamos por primeira vez PortAventura, unha resistencia que durou preto de 14 anos tendo en conta que foi aló polo 1993 cando se inagurou este parque. Na distribución por temas do parque atopamos escenarios adicados, entre outros, á: Polinesia, México ou China. Supoño que poucos son os Polineses, Mexicanos e Chineses que visitan o parque aínda que algún debe haber. Digo eu se se preguntaran: ¿que ten isto que ver co meu país? Sobre todo porque entendemos e supomos que nada de nada. Curioso funcionamento da industria do lecer que precisa de elementos culturais e identitarios para despois baleiralos e poñelos á venda.
Os elementos culturais,
as identidades,
funcionan para esta industria como os adobíos con que vender o produto. Tanto ten de que adobío se trata, abonda que teña unha boa dose de exotismo ou que teña sido elemento de guión cinematográfico (Far West, for instance). Ao cabo quen se diverte do que precisa é de que lle vendan o produto envurullado con musiquiña e outras cousas graciosas e excitantes nun exercicio de absoluta superficialidade. Un elemento necesario e central, o da superficialidade, no mundo do consumo. Unha visita a un parque temático é oportunidade para vermos e reflexionar sobre o mundo proposto polas
world wide enterteiment enterprises: divírtanse e consuman que todos seremos felices.
1 comentario:
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,
菲
梵,
Publicar un comentario