Pasou hai un tempo polo Centro Galego de Barcelona o presidente da Xunta Pérez Touriño, e a dicir pola foto hai quen o escoitaba con toda atención. Mágoa que o presidente e maila súa comitiva, esposa incluída, non reparasen en quen máis de preto lle prestaba unha enorme atención. Se cadra, non o sei, se os presidentes estivesen máis pendentes dos máis cativos a todos nos iría mellor. Claro que Clara, como os outros nenos, non vota. E iso é moito incoveniente para que sexan visualizados.
2 comentarios:
Clara non vota hoxe, pero vai votar e non tarda... Ese é o principal problema dos políticos. Como ben dis.
Gostaríame saber qué estaría a pasar pola testa da Clariña neste intre...
Publicar un comentario