novembro 11, 2012

Feijoó vén unha vez máis a Catalunya na procura dos votos

( Foto recollida do xornal dixital Praza Pública )


O presidente da Xunta de Galicia soe visitar Catalunya sempre que hai que arrepañar votos para as candidaturas locais do PPdC. Xa o fixera no ano 2009, daquela, recollímolo tamén aquí, andabamos nos pretempos das municipais, e tamén visitara o Centro Galego de Barcelona acompañado de Alberto Fernández Díaz, representante do PPdC no concello de Barcelona. Agora faino na campaña das autonómicas catalás, acompañado de Alicia Sánchez Camacho, candidata á presidencia da Generalitat polo PPdG. Feijóo fai discurso poñéndose como exemplo de boa xestión e austeridade fronte ao dispendio de Mas ( él é o que si paga as facturas ), e pidindo o voto da liberdade das persoas, fronte aos discursos territoriais. De calquera xeito iso de que o presidente da Xunta sempre apareza polo Centro Galego de Barcelona en campaña electoral e acompañado polos membros locais do PPdC fainos, máis ou menos intuír, cal é o interese do presidente Feijóo por achegarse á comunidade galega de Catalunya.

2 comentarios:

Da sibeira e do cuarto dixo...

Ola, esto que aquí poño chégame por correo electrónico. Aquí o poño sen publicar a identidade de quen o escribiu por non ter consultado o seu permiso, pero sabendo que é de valor para todos:

Escrívovos so para decirvos que está mañá estiven no Centro Galego, nun acto que, aínda que en principio pensado para otorgaren ao Presidente da Xunta de Galicia unha placa conmemorativa có gallo do 120 aniversario do Centro (o cal, sendo o Presidente de Galicia non me parecía mal), acabóuse convirtindo nun mitin descarado do PP, despois de que a dita placa non se poidese entregar (o cal queda para outro día). Por non faltar non faltou no estrado nin o voceiro do PP no Concello de Barcelona, Alberto Fernández Díaz nin, por suposto, a candidata Alicia Sánchez-Camacho.

Poño por diante que non son socio da entidade pero o máis xusto, na miña humilde opinión, sería que agora se lle ofrecera a mesma oportunidade ao resto de formacións que concorren ás elección do vindeiro día 25. Outra cousa sería, ao meu entender, un uso partidista, e polo tanto, sectario e parcial, dunha institución que debera ser de todos os galegos de Barcelona, independentemente da súa adscripción ideolóxica.

E para acabar de rematar a cousa, dunha intevención que duraría ahí uns vintacinco minutos, a utilización do galego por parte do Presidente de Galicia, no Centro Galego de Barcelona, non chegou nin aos dous minutos.

Simplemente quería facervos estos comentarios.

Da sibeira e do cuarto dixo...

Carta remitida polo presidente do CGB aos socios:

"Benqueridos socios/ as do Centro Galego de Barcelona:
Remítome a todos vosoutros/ as para convidarvos o vindeiro domingo día 11 de novembro do
2012 ao acto que terá lugar na nosa entidade e que contará coa asistencia do Presidente da
Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo.
O acto consistirá no otorgarmento da medalla do 120 aniversario da Entidade ao presidente da
Xunta, así mesmo a FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya)
concedeulle a medalla Ouro ao máximo mandatario galego que se lle imporá na nosa sede.
Agradecería que coma socios/ as asistades a este acto no noso 120 aniversario, despois dos
parlamentos ofreceráse un refrixerio, a tódolos/ as asistentes.
Manoel Carrete
Presidente do Centro Galego de Barcelona"

Despois, nin insignia, nin nada diso. Puro electoralismo.