O máis internacional dos nosos escritores contemporáneos,
Manolo Rivas,
anda a colleitar éxitos coa súa última novela,
Os libros arden mal, traducida ao Francés co título de
L'éclat dans l'abîme. Alegrámonos moito pola nosa literatura pero sobretodo por Manolo que é
un traballador da lingua e a cultura galegas, e ademais unha excelente persoa. Agora o debate que se abre é outro como apuntan en vieiros:
"ao fío do excelente recibimento da obra de Rivas en Francia, o escritor e xornalista Santiago Jaureguízar abriu un debate no seu blog sobre a necesidade de que os autores e institucións galegas realicen unha proposta unitaria para o Premio Nóbel ao redor de Manuel Rivas, no canto de Xosé Luís Méndez Ferrín, de quen considera que a súa obra non ten a suficiente proxección internacional".
Ningún comentario:
Publicar un comentario