decembro 23, 2006

A Nazón de Breogán, versión "flamenco"

A polémica está servida. A interpretación do Himno de Galiza en versión flamenca alporizou a algúns dos membros do Parlamento Galego na celebración do 25 aniversario, sobre todo, aos deputados nacionalistas. Escoitado este anaquín da interpretación que alguén pendurou na rede parece que esta foi fermosa e sentida. Coido que debemos comezar outra fase do noso desenvolvemento nacional que pase por non arrepiarnos sempre que escoitemos ou cheiremos algo que teña que ver con España, porque as Nacións maduras e sensatas, que é o que debemos ser, tamén saben aprezar e empregar o bo que hai nas Nacións veciñas. Mesmo empregan iso que hai de bo e aprezable para recrear a identidade propia. Ao outro chámaselle "complexo de inferioridade". Claro que nós disto do "complexo" aínda levamos dabondo nas alfándegas.

1 comentario:

Pablo Aguiar dixo...

Estou contigo. Xa me fartei de introducir comentarios en blogs sobre esto. ¿Qué hai máis bonito que internacionalizar o noso himno? este é o mellor xeito de que se coñeza a existencia da nosa nación e que nos entendan en España, ben seguro que algún andaluz que outro mostrou interese por este feito grazas a interpretación flamenca.

Pablo