11 de novembro de 2006.
Como alguén lembrou durante o acto era o día de San Martiño. De esquerda a dereita: Xavier Alcalá, Xabier Queipo, Ana Miranda, Camilo Valdehorras e Suso Mon. Diante o público que encheu a Orfeu-livraria de Bruxelas, un espazo galego-portugués na capital de europa. Algunhas das cousas que se dixeron na presentación foron:
-A diáspora debe ser arestora entendida non como emigración senón como cidadanía global galega.
- Co Monográfico estabamos apostando pola Galiza global e nacional a un tempo.
- A Galiza Global é un concepto que engloba a todos os galegos independentemente de se son cidadáns do territorio administrativo de Galiza ou de calquera outro país.
- A diáspora galega é imprescindible para colocar a Galiza no mundo no século XXI.
- Cómpre unha política que aposte pola diáspora en termos de dereitos e cidadanía.
A crónica de La Voz dá máis información de cómo trascorreu o acto.
1 comentario:
concordo con cada palabra: será esa Galiza Global a que cumpra o soño de Castelao de darlle fama a Galiza. Grazas pola crónica!
Publicar un comentario