Nestes días finais de abril de 2008 enteirámonos que na chamada cidade eterna, berce da civilización occidental, a complexa, caótica e ao mesmo tempo encantadora Roma, gañou a dereita despois de quince anos de goberno de esquerda. Até aquí nada preocupante. A democracia precisa de alternacia política porque senón non é tal. O preocupante desta victoria é que Gianni Alemanno, quen superou en sete puntos ao candidato de centro-esquerda Francesco Rutelli, exerceu durante a súa campaña un discurso no que asociaba a “inmigración” co “delito”, prometendo “man dura” cos inmigrantes e máis policia nas rúas, mesmo asegurou que expulsaría a milleiros de xitanos que residen en asentamentos ilegais nos arrabaldos da cidade. Un discurso xenófobo en toda regra. Fascista, para falarmos claro. Coméntame un compañeiro de traballo italiano que no ano 1982 Alemanno foi detido por arrebolar un “molotov” contra a embaixada soviética. Nunha das fotos que me achega este meu compañeiro nun correo electrónico pon ao pé de paxina: “Alla festa al Campidoglio per la vittoria di Gianni Alemanno sono spuntati anche quelli: i saluti in stile fascista sullo scalone che risale alla piazza del Comune”. Vemos en efecto na devandita foto á xente nunha escaleira da praza del Comune saudando ao estilo fascista ao novo alcalde que sae ao balcón a celebrar a victoria. Noutra vemos a uns rapaces de estética “skin-head” con bandeiras co símbolo neo-fascista do círculo cunha cruz no medio (a esvástica ten demasida carga, así que que agora empregan estoutra). O meu amigo remata o seu correo dicindo: aquí tedes unhas fotos tomadas onte en Roma que evocan o desafortunado pasado italiano. O correo electrónico levaba por título: Pobre Italia.maio 07, 2008
Pobre Italia !!!
Nestes días finais de abril de 2008 enteirámonos que na chamada cidade eterna, berce da civilización occidental, a complexa, caótica e ao mesmo tempo encantadora Roma, gañou a dereita despois de quince anos de goberno de esquerda. Até aquí nada preocupante. A democracia precisa de alternacia política porque senón non é tal. O preocupante desta victoria é que Gianni Alemanno, quen superou en sete puntos ao candidato de centro-esquerda Francesco Rutelli, exerceu durante a súa campaña un discurso no que asociaba a “inmigración” co “delito”, prometendo “man dura” cos inmigrantes e máis policia nas rúas, mesmo asegurou que expulsaría a milleiros de xitanos que residen en asentamentos ilegais nos arrabaldos da cidade. Un discurso xenófobo en toda regra. Fascista, para falarmos claro. Coméntame un compañeiro de traballo italiano que no ano 1982 Alemanno foi detido por arrebolar un “molotov” contra a embaixada soviética. Nunha das fotos que me achega este meu compañeiro nun correo electrónico pon ao pé de paxina: “Alla festa al Campidoglio per la vittoria di Gianni Alemanno sono spuntati anche quelli: i saluti in stile fascista sullo scalone che risale alla piazza del Comune”. Vemos en efecto na devandita foto á xente nunha escaleira da praza del Comune saudando ao estilo fascista ao novo alcalde que sae ao balcón a celebrar a victoria. Noutra vemos a uns rapaces de estética “skin-head” con bandeiras co símbolo neo-fascista do círculo cunha cruz no medio (a esvástica ten demasida carga, así que que agora empregan estoutra). O meu amigo remata o seu correo dicindo: aquí tedes unhas fotos tomadas onte en Roma que evocan o desafortunado pasado italiano. O correo electrónico levaba por título: Pobre Italia.abril 27, 2008
Engenheiros do Hawai
abril 09, 2008
Castelo de Doiras
marzo 01, 2008
Debate

febreiro 24, 2008
A gran estafa de Galicia Bilingüe
Unha escolma de videos desas persoas que queren recoller os froitos sementados durante a ditadura franquista. Colectivos aparecidos recentemente, curiosamente cando xa non goberna a dereita do "bilingüismo harmónico", e que tentan aproveitarse dos prexuizos e complexos que aínda habitan en moitos galegos. Velaí o video pendurado no YouTube
febreiro 08, 2008
Plataforma Coimbra - Galiza

febreiro 01, 2008
Ludwig Feuerbach
xaneiro 24, 2008
Fundación Castelao: vinte metros cadrados para o gran persoeiro galego

xaneiro 14, 2008
As primarias en Nova Inglaterra

decembro 22, 2007
Españolismo e Lusismo: intereses comúns
A semana pasada Francisco Rodríguez demandaba ao executivo de José Luís Rodríguez Zapatero, a apertura da emisión libre da Radio Televisión Portuguesa (RTP) no territorio galego. A petición de Francisco Rodríguez é unha vella reivindicación arelada por todos os galegos e galegas que cremos nunha Galiza aberta ao mundo e universal, enxertada na península ibérica en pé de igualdade disposta a dialogar coas outras linguas e culturas para arrequecerse con elas. Especial relevancia teñen a lingua e a cultura portuguesas para nós galegos, simplemente polo feito que galego e portugués comparten unha orixe propia e son a ferramenta de comunicación dese espazo cultural formado por Galiza e mailo Norte de Portugal, a vella Gallaecia que hoxe se proxecta no futuro como eurorexión. Precisamente estes días a asociación cultural Ponte nas Ondas está a poñer en marcha de novo a campaña para obter o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Inmaterial da Humanidade para o espazo cultural, histórico e lingüístico do galego-portugués: a Galiza e o Norte de Portugal. Esta loita polo recoñecemento e polo achegamento de Galiza e Portugal ten dous inimigos evidentes: chámanse españolismo e lusismo. O primeiro manifestábase, a través do líder da oposición nas Cortes de Madrid, Mariano Rajoy, dicindo que a el lle perocupa máis que o castelán estea ben protexido nas escolas das comunidades plurilingües. Pola súa banda o xefe do executivo, o socialista Zapatero, non desbotaba a petición do representante do BNG se ben aludía ás dificultades técnicas, xurídicas e económicas ¿A quen quere enganar o presidente do goberno español cando nos fala das devanditas dificultades en pleno século XXI? Non menos cambadelas han poñer na lusitana Lisboa, xa vimos o que están a facer co AVE Porto-Vigo, sempre moito despois do Lisboa-Madrid. Lembremos tamén que hai uns meses a UE designou a Badaxoz como a cidade onde asentar a sede do secretariado técnico que xestiona os programas de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal. Unha decisión impulsada dende Lisboa por mor de non dar pulo a calquera vontade autonomista de Oporto. Fixemos reflexión do feito neste invando vagalumes. E é que o españolismo e mailo lusismo teñen intereses comúns que pasan por frear o reencontro entre a Galiza e mailo Norte de Portugal.decembro 13, 2007
Xardón, acivro, acibreiro, acebiño, acevo, acibeira ...
Na terra ancaresa hai moitos Xardóns, tamén chamado: acivro, acibreiro, xardón, acebiño, acevo, acibeira, acivreiro, acibra, acibreira, cebro, escornacabras, rascacú, vellebrán, xando, xardeira, xardo e xardón por suposto.decembro 05, 2007
Brasil, mostra a tua cara
Fiquei muito emocionado ao ver que no mapinha coa origem dos leitores do Invando Vagalumes aparecian puntinhos do Brasil. Lembrei entao aquela cançao, penso que de campanha eleitoral, a dizer: "Brasil, mostra a tua cara, quero ver quen paga para que a gente fique assim, ...". E fiz este esforço por escreber (con segurança que con muitos erros) en Brasilero. Uma homenagem aos leitores Brasileros e uma homenagem para ese pais fermoso e incríble que é o Brasil, como diz a outra cançao: "moro, nun pais tropical, abençoado por Deus e bonito por natureza, mais que beleza, ohh la la, ohe, ee, ohh la la ... !!
novembro 20, 2007
Miguel de Cervantes Saavedra, ¿galego ou catalán?
Despois de observar que os da Fundació d'Estudis Històrics de Catalunya andan a defender a posible orixe catalana de Miguel de Cervantes Saavedra púxenme en disposición de enviarlles a seguinte misiva na que apunto argumentos a prol da orixe galega da figura fundadora da literatura castelá. A carta está en lingua catalana pero non vos traduzo porqué penso que é moi interesante para os que non tedes contacto con esta lingua que o teñades e que a coñezades. É unha lingua moi rica e de moitos matices, tanto lexicais como fonéticos. Vaia, un tesouro como o galego.he vist en la seva web la referència que fan al possible origen català d'en Miguel de Cervantes Saavedra. És difícil realment defendre aquesta tesi des del punt de vista antroponímic tenint en compte que:
- Cervantes és un topònim gallec.
(El Concello de Cervantes és el primer situat a Lugo venint del Bierzo-León cap a Galícia.
En gallec Cervantes té un significat exprés: "Terra de Cervos").
- Saavedra és també d'origen gallec.
De fet Saavedra en gallec vol dir "sala vella", com Pontevedra vol dir "ponte vella".
Tot i que són formes en desús en el gallec actual, no així en el gallec de l'edat mitjana.
D'altra banda és sabut que el llinatge Saavedra és molt antic a Galícia.
I també els estudis respecte de l'origen gallec de Miguel de Cervantes Saavedra (concretament origen a la província de Lugo), que va fer el genealogista Manuel Julio Platero Campo.
Tampoc perdin vostés de vista que el propi Miguel de Cervantes Saavedra, al començament del capítol trenta-nou de El Quijote diu:
Aquestes muntanyes a les que fa referència serien les que hi ha entre el Bierzo-León i Galícia.
El propi Padre Sarmiento, com saben un dels grans ilustrats del segle XVIII, sentenciava:
"...Cervantes y Saavedra, no pudo ser su linaje primitivo del Reyno de León, sino del Reyno de Galicia...".
M'agradaria que tinguessin tota aquesta informació en compte alhora de fer un judici sobre la catalanitat de Miguel de Cervantes Saavedra, perqué realment seria un cop excesiu de ridiculesa que acabèssim defensant la catalanitat d'algú que tindria l'origen en una altra de les nacions sense status d'Estat de la península.
Segurament que si l'historiografia oficial espanyola no vol que es faci llum al voltant de la possible catalanitat de "Cristòfor Colom / Cristobal Colon" tampoc no vol que es faci llum al voltant de la galleguitat de "Miguel de Cervantes Saavedra", ara bé s'hi mofaria en veure una reivindicació historiogràfica que atribuïs una catalanitat errada a la figura fundadora de la literatura castellana.
Rebin una cordial salutació.
novembro 14, 2007
Cuixart é morto

"... formou parte (últimos cuarenta/primeiros cincuenta) do grupo Dau al Set, que soa a Dada, barceloní e de expresión lingüística catalanizante. Como todos os seus membros (Tápies, J.J. Tharrats, Arnau Puig...) practicou unha sorte de biculturalismo francés-catalán, sen pasar pola alfándega de Madrid. Próximo a eles andaba o teórico e poeta Juan Eduardo Cirlot e dentro deles o xenial creador Joan Brossa, a quen tanto quixemos en vida. Lonxe, moi lonxe, os Goytisolo, Gil de Biedma, Barral...O surrealismo era unha vía tentadora na Cataluña con conciencia de ocupación militar desde 1939. "
novembro 08, 2007
O búlgaro que temía a Catalunya
Fago tradución do artigo de Pilar Rahola no Periódico de Catalunya
A escena é anódina. Chofer de hotel recolle hóspede para levar ao aeroporto de Madrid. Hóspede pregunta por tempo. Chofer pregunta procedencia. E, coñecidas as orixes, el, búlgaro, eu, catalá, o diálogo convértese nun impresionante furacán que descarrega medos e prexuízos sobre o meu santo país, a miña santa lingua e o meu menos santa paciencia. Barcelona é bonita, pero os nacionalismos son malos. Queren impoñer o catalán. España se rompe por culpa nosa. Na treboada, consigo abrir o paraugas e farfullo algunhas defensas, pero o meu amado búlgaro é un guerreiro forxado nas mellores mañás de COPE, e está blindado diante da capacidade sedutora do inimigo. Non hai discusión: os cataláns son intolerantes, perigosos secesionistas e fanáticos lingüístas, e o único bo é que Barcelona é bonita. El viría a traballar, pero en Barcelona hai cataláns. De xeito que lle aconsello vivamente que se quede en Madrid, que en Catalunya todos somos polacos e non búlgaros, e iso se paga. Remata: os nacionalismos son unha lacra para España. Cando lle digo que foron nacionalistas cataláns e vascos os que se puxeron ao encabezamento da loita pola democracia, lánzame unha mirada retadora, polo retrovisor: ademais de catalá, mentireira. Naturalmente, os seus coñecementos da nosa historia superan os meus. A educación bríndanos, finalmente, un desolado saúdo cando chegamos ao aeroporto. Ambos estamos deprimidos e cabreados. No avión leo a entrevista co presidente Montilla: "Catalunya non está nin deprimida, nin cabreada". Como eu, pero ao revés. Debe de ser que non coñecen o meu búlgaro. Sen embargo, o presidente ten razón. Catalunya continúa coas súas cousas, bastante allea á diana que lle puxo a España negra, a mesma que sempre a sobpuxo, a mesma que sempre a utilizou para azuzar o medo e o estómago. Pero a diana existe e está chegando ao delirio. Pensen no meu amado chofer. Naceu en Bulgaria e non fai moito tempo que está en España. Pero xa aprendeu o que é substancial: que os cataláns teñen cornos. Sen dúbida, a Brunete mediática é unha grande escola de integración.
outubro 23, 2007
Galegos na Diáspora

outubro 17, 2007
Quen teme o Reintegracionismo ?
Sen sermos nós partidarios do reintegracionismo strictu sensu. Defendendo un espazo propio para a lingua galega, porque isto é defender tamén un espazo propio para Galiza no mundo, particularmente no mundo "Galusófono" onde temos o dereito e deber de existir, quédome do artigo publicado en vieiros por Mauricio Castro con título Quen teme o reintegracionismo?, coas seguintes propostas que eu fago miñas :Ponhamos alguns exemplos:
- Que essência do nosso idioma se veria ameaçada pola difusom gratuita e generalizada dos meios de comunicaçom (televisons e rádios) portugueses no conjunto do território galego ?
- Porque a Administraçom autonómica nom segue os passos da estremenha, situando a Galiza à frente no ensino do português em escolas oficiais de idiomas e como segunda língua estrangeira no ensino secundário galego?
- Que impede inclusive incorporar o estudo do português como parte dos programas oficiais de Língua Galega nos diferentes níveis educativos, garantindo assim, em poucos anos, umha competência generalizada por parte de toda a populaçom galega?
- Seria tam difícil estabelecer acordos com administraçons e empresas informáticas, editoriais e audiovisuais para que a Galiza fique incluída na distribuiçom de materiais em português, que nos evitem pagar a portagem do espanhol para aceder a produtos culturais e tecnológicos de todo o tipo, já existentes na nossa língua?
outubro 06, 2007
Vivamos como galegos
setembro 21, 2007
Quen teme a literatura galega?

xullo 20, 2007
Avesedo e solleiro

- "Neste lugar avesedo a xeada dura meses".
- "No inverno a nosa agra é un avesío"
ANT. solleiro. Tamén s.m.
Gústame case tanto o antónimo: solleiro.
- "Neste lugar solleiro de seguida marcha a neve"
- "No verán no se para coa calor nesta agra solleira"
Unha aperta para todos os amantes das palabras. Sobre todo das palabras perdudas.
xuño 10, 2007
Homenaxe aos votantes

"A esquerda e o nacionalismo votante espera dos partidos vencedores unha política municipal contraria ao neoliberalismo", interesantísimo artigo de Méndez Ferrín sobre o resultado das municipaisen Galiza.
maio 31, 2007
Municipais en Cervantes

Total votantes ----- 1351 --- 58,84%
Abstención --------- 945 --- 41,16%
Votos nulos --------- 11 ---- 0,81%
Votos en blanco ----- 11 ---- 0,81%
Concelleiros a elixir: 9
PSdeG-PSOE ---- 858 (64,03%) -- 6
PP --------------- 317 (23,66%) -- 2
BNG ------------- 154 (11,49%) -- 1
maio 18, 2007
Aprendendo catalán en Galiza

fahent camins duptosos per la mar.
Mestre i ponent contra d'ells veig armar;
xaloch, levant los deuen subvenir
ab lurs amichs lo grech e lo migjorn,
fent humils prechs al vent tremuntanal
qu·en son bufar los sia parcial
e que tots cinch complesquen mon retorn
maio 14, 2007
A roupa aínda está lenta
Velaí a outra acepción, a menos coñecida no galego, para a palabra lenta (o) en galego. "A roupa aínda está lenta"; é dicir que non secou aínda. Está humida a roupa, xa que logo deixarémola un anaco máis ao sol para que seque. Dinme que hai poucos días xente galega que vive fóra do país chegou a algún punto xeográfico da parte oriental de Lugo, e aló escoitaron a unha muller maior que dicía da roupa pendurada que estaba lenta. Non a comprendían. ¿Como pode estar unha cousa quieta lenta? Nin lenta, nin rápida. A explicación é evidente: o léxico galego dos maiores é moito máis rico e ao mesmo tempo raro para os galegos máis novos. O termómetro avisa de que algunhas cousas non van ben. Eu que ando na teima de resgatar as palabras da morte boto a andar na rede esta lenta(o) coa arela de que ao lentor da rede recupere folgos e forzas nas voces dos falantes que isto len. Lembrade que lentor tanto se pode empregar para falarmos de humidade ("o lentor da terra") como de calorciño ("o lentor da cociña").
maio 09, 2007
Xostrear (xostra) ou xostregar (xóstrega)
- "Collín unha xesta e metinlle unhas xostregadas", a frase escoiteilla, como non, a alguén de Ancares.
- No TILGA xostrear aparece só na obra de Don Ramón Otero Pedraio, O señorito da Reboraina.
- No Franco Grande, a xostra ou xóstrega é unha vara delgada. Velaí xostrear ou xostregar, que é a acción de pegar ou dar golpeas coa xostra ou xóstrega.
Parece estar ben recollida a palabriña. Así que non deberiamos desacougar. Cómpre engadir que non se debería confundir con xostro, que é o que se di de alguén que pasivo -o que agora dicimos como que non se inmuta-.
maio 04, 2007
"Nós tamén queremos ser multimillonarios"

maio 01, 2007
Parques temáticos, ou como baleirar a identidade ao servizo do mercado
Calquera que teña ido a un destes parques temáticos que nacen e se reproducen coma cogumelos polo conxunto de Europa, nun inquedante arremedo do american way of life, terá percibido como neles se empregan determinadas identidades e elementos culturais como produtos de lecer -enterteiment- ao servizo do mercado. Estes días visitamos por primeira vez PortAventura, unha resistencia que durou preto de 14 anos tendo en conta que foi aló polo 1993 cando se inagurou este parque. Na distribución por temas do parque atopamos escenarios adicados, entre outros, á: Polinesia, México ou China. Supoño que poucos son os Polineses, Mexicanos e Chineses que visitan o parque aínda que algún debe haber. Digo eu se se preguntaran: ¿que ten isto que ver co meu país? Sobre todo porque entendemos e supomos que nada de nada. Curioso funcionamento da industria do lecer que precisa de elementos culturais e identitarios para despois baleiralos e poñelos á venda. Os elementos culturais, as identidades, funcionan para esta industria como os adobíos con que vender o produto. Tanto ten de que adobío se trata, abonda que teña unha boa dose de exotismo ou que teña sido elemento de guión cinematográfico (Far West, for instance). Ao cabo quen se diverte do que precisa é de que lle vendan o produto envurullado con musiquiña e outras cousas graciosas e excitantes nun exercicio de absoluta superficialidade. Un elemento necesario e central, o da superficialidade, no mundo do consumo. Unha visita a un parque temático é oportunidade para vermos e reflexionar sobre o mundo proposto polas world wide enterteiment enterprises: divírtanse e consuman que todos seremos felices. abril 26, 2007
Queipo: o libro como eco colectivo
A Xavier Queipo hai que, sobre todo, lelo. Porque é un dos bos escritores que ten a nosa literatura. Agora vén de facer unha achega no portal de cultura galega onde reflexiona sobre a lectura e o libro como eco colectivo: "Hai tempo que sei que os meus libros non os escribo eu só. Como refería Siddhart Dhanvant Shanghvi no seu capítulo de agradecementos, non é infrecuente que moitos escritores sintan un abraio especial ao reler os seus escritos. Senten así na propia pel o eco dos que os precederon e, se esa licenza é permitida, daqueles que os van continuar. Quizais por iso, algúns autores –se cadra sabios, se cadra non- néganse a reler os seus textos, con resultados empobrecedores para futuros traballos." Fermosa reflexión de Queipo que nos achega a dimensión metafísica do oficio de escribir. Comparto plenamente o que di Queipo, porque escribir é sempre un exercico de trascendencia: isto é, de recoller do noso pasado e presente para poñelo no futuro. Tamén así é a vida. abril 17, 2007
¿Por que vagalumes e non cagalumes?

marzo 31, 2007
Diáspora, saquiña de votos
marzo 27, 2007
É un burro tarasco, non se deixa montar

marzo 23, 2007
Santiago Casares Quiroga

marzo 20, 2007
Xergo
marzo 16, 2007
Borgia (ou ben Borja), os valenciano-cataláns na Santa Sé. ¿Unha Igrexa Patrimonializada?
marzo 09, 2007
Entre Lisboa e Madrid nunca estará Galiza
marzo 08, 2007
Palabras, palabras, ...
marzo 05, 2007
Manuel Rosales, oito veces gañador da Marathon de Nova York
Souben deste pequeno-grande home hai anos. Debeu ser aló polo 1997, cando tivemos a sorte de percorrer os 42 na grande mazá. Resulta que este galego nado en Marín e de profesión mecánico gañou na súa categoría 8 veces a mítica Marathón de Nova York. Dende este Blog o noso pequeno contributo ao coñecemento e recoñecemento deste home que pasará á historia por ser quen máis veces gañou a Marathon de Nova York na súa categoría. Por certo que Manuel ten 71 anos e este ano volve correr. Desexámoslle o mellor. Neste artigo de La Voz podedes atopar unha pequena biografía de Manuel Rosalesfebreiro 26, 2007
Retorno e desencontro

febreiro 17, 2007
Santa María do Castro

febreiro 12, 2007
O país portátil e a Galicia global

febreiro 05, 2007
Escoitando atentamente ao presidente
xaneiro 31, 2007
Transduriana, outro nome para Galicia
O nome recolle o feito histórico-xeográfico que concibía como unidade a terra de tras do Douro ("o nome Transduriana confírmanos que os límites xeopolíticos da Gallaecia polo Sul son os que marca o Río Douro, ou Durius. Alí remata o macizo galaicoduriense e alí termina, polo Sul, a cultura dos castros"). De ter triunfado este nome hoxe seriamos transdurianos. Case que penso que nisto a historia nos favoreceu. Galegos, soa mellor ¿non si?.
xaneiro 24, 2007
Pop Rosalía en Galician Tunes

xaneiro 11, 2007
reNOVA GALIza en Santiago e A Coruña
- "A Galiza global no século XXI: desafíos da diáspora para a Galiza territorial" (en Santiago)
- "Retos da integración na Galiza actual da cidadanía global galega" (n'A Coruña)
A cuestión da diáspora galega parece ser un elemento clave á hora de considerarmos o proxecto de construción da Galiza contemporánea e futura. En parte, cremos, o éxito do país dependerá en cómo artella e incropora toda esa enxurrada de galegos que non vivindo en Galiza (na Galiza territorial) si que están nela (de corazón e de nación). Sen dúbida todo un desafío.
xaneiro 03, 2007
Ferrol - Astano: Xosé Luís Méndez Ferrín
Interesante achega da intervención de X.L. Méndez Ferrín en Solidaridade cos traballadores de ASTANO, coido que aló polo 1986, se non estou trabucado, por mor da reconversión que impuxo dende Madrid o goberno do PSOE. As palabras de Ferrín poden nalgún aspecto resultar anacrónicas xa que, por exemplo, o socialismo real do que fala é a día de hoxe unha peza de museo. Agora ben teñen o seu valor histórico e de compromiso coa clase traballadora dun dos máis afamados escritores galegos que sempre ten afirmado, como fai neste video, que emancipación nacional e social deben ir da mao xuntas.
decembro 29, 2006
Ranchiños en Caracas
unha imaxe vale máis ca mil palabras. Velaí unha foto ateigada de ranchiños en calquera dos moitos "cerros" que arrodean a cidade de Caracas. Fálase de millóns de presoas vivindo nestas casiñas feitas de calquera maneira unhas enriba das outras sen plan ningún nin cousa que se lle asemelle. Son os habitantes destes ranchiños aquí en Caracas e en toda Venezuela os que lle dan a vitoria a Chávez, porque aínda e que sexa para fornecelos de remendos foi o único presidente que se fixou neles. Ás veces gustaríame saír á fiestra e velos, como facía alá, porque forman parte tamén da miña paisaxe. Se cadra tanto como as verdes praderías de Ancares coas súas vacas rubias pacendo ¿ quen sabe ?
decembro 23, 2006
A polémica está servida. A interpretación do Himno de Galiza en versión flamenca alporizou a algúns dos membros do Parlamento Galego na celebración do 25 aniversario, sobre todo, aos deputados nacionalistas. Escoitado este anaquín da interpretación que alguén pendurou na rede parece que esta foi fermosa e sentida. Coido que debemos comezar outra fase do noso desenvolvemento nacional que pase por non arrepiarnos sempre que escoitemos ou cheiremos algo que teña que ver con España, porque as Nacións maduras e sensatas, que é o que debemos ser, tamén saben aprezar e empregar o bo que hai nas Nacións veciñas. Mesmo empregan iso que hai de bo e aprezable para recrear a identidade propia. Ao outro chámaselle "complexo de inferioridade". Claro que nós disto do "complexo" aínda levamos dabondo nas alfándegas.
decembro 19, 2006
O Berro extremo. Desacougo.
Quixen traer aquí este berro Edvard Munch porque é sen dúbida un dos máximos expoñentes do expresionismo e porque reflexa intensamente o desacougo. Esta palabra galega ten abondos matices que encadran na explicación da situación psíquica expresada neste cadro que co título de "Berro" pintara Munch en 1893. El mesmo describiu deste xeito a experiencia que o levou a pintar esta obra: "Eu camiñaba con dous amigos pola estrada, entón chegou o solpor; de súpero, o ceo tornouse vermello como o sangue. Detívenme, apoieime no valado, indiciblemente canso. Lapas de lume e sangue extendíanse sobre o fiordo negro azulado. Os meus amigos seguiron camiñando, mentres eu ficaba atrás tremendo co medo, e sentín o berro enorme, infinito, da natureza".decembro 10, 2006
Anne Frank Huis

A casa de Ana Frank Anne Frank Huis é unha mostra máis do que a sociedade civil holandesa achega ao conxunto da memoria histórica de Europa, que tan falta está dela. Soubemos ademais da existencia do Diario de Ana Frank en galego, segundo nos din unha fermosa e moi coidada edición do diario que esta nena adolescente escribiu mentres estivo durante dous anos agochada dos nazis nunha casa da capital dos países baixos. Sabemos que a súa historia rematou na morte pero non pereceu en nós a idea e maila necesidade de seguir loitando, día a día, recuncho por recuncho, contra todas aquelas formas políticas que tentan facernos crer que hai "persoas máis persoas ca outras" polo feito de seren de raza, relixión ou calquera outra caracterización humana diferente. Despois de saber que o castiñeiro físico que Ana Frank vía dende a fiestra do seu agochadoiro, fonte de vida e alegría para ela naqueles momentos escuros e tristes, tamén pereceu podemos agora colocar a nosa folla no castiñeiro virtual dende o web do museo. E despois disto deberemos seguir ao axexo porque o fascismo pode abrollar en calquera lugar e momento da historia humana, seguramente nos máis inesperados.
novembro 21, 2006
Intelixente xeito de amosar Galiza en España poñendo a identidade en valor. Parabéns á consallería. Recollo as palabras que se din no video: luscofusco, ribeira, badalada, carballeira, morriña. Por certo que o outro día descubrimos que carballo é unha palabra de orixe celta que neste caso fica galeguizada co sufixo -eira: carballeira. O mestre Méndez Ferrín di que falamos o romance latino con máis presenza de léxico celta. Palabras únicas, como di no anuncio. Outra razón para pensar que o galego é o meirande dos nosos tesouros colectivos.
novembro 14, 2006
reNOVA GALIza 2 na Orfeu-livraria de Bruxelas
Como alguén lembrou durante o acto era o día de San Martiño. De esquerda a dereita: Xavier Alcalá, Xabier Queipo, Ana Miranda, Camilo Valdehorras e Suso Mon. Diante o público que encheu a Orfeu-livraria de Bruxelas, un espazo galego-portugués na capital de europa. Algunhas das cousas que se dixeron na presentación foron:
-A diáspora debe ser arestora entendida non como emigración senón como cidadanía global galega.
- Co Monográfico estabamos apostando pola Galiza global e nacional a un tempo.
- A Galiza Global é un concepto que engloba a todos os galegos independentemente de se son cidadáns do territorio administrativo de Galiza ou de calquera outro país.
- A diáspora galega é imprescindible para colocar a Galiza no mundo no século XXI.
- Cómpre unha política que aposte pola diáspora en termos de dereitos e cidadanía.
A crónica de La Voz dá máis información de cómo trascorreu o acto.
novembro 07, 2006
Bruxelas: eu pasaba por alá
Presentación do número 2 da revista reNOVA GALIza
Sábado 11 de novembro de 2006 ás 18:00h
Orfeu - Livraria portuguesa e galega em Bruxelas
Rue du Taciturne, 431000 BRUXELLES- Belgique
outubro 31, 2006
outubro 26, 2006
Os Ancares, reserva da Biosfera

Ledicia ao sabermos a nova de que a Unesco vén de declarar que as nosas montañosas terras dos Ancares sexan Reserva da Biosfera. Para min Ancares é, entre outras moitísimas cousas, esta imaxe dun verde prado no medio das montañas. Na memoria aparecen entón: Caldela, Rubia, Morita e Parda, que eran as catro vacas da casa, e mais eu co meu paraugas facéndolles de pastor. De ida e de volta afaláballes: vaca vei, to vei to, veite vaca vei, etc...Toda unha linguaxe, todo un mundo, toda unha nación antiga bulindo polo meu ser.
Aquí podedes atopar máis información sobre a declaración da Unesco.
outubro 19, 2006
Interesante reportaxe sobre a lingua galega que se emitiu na TV Portuguesa. ¿como conseguirmos que os Portugueses coñezan mellor a parentela do Galego e mailo Portugués e a situación do Galego en Galiza? Seguramente que estes reportaxes son un bo camiño.
outubro 06, 2006
reNOVA GALIza no Café Tortoni de Bos Aires
No Café Tortoni de Bos Aires tivo lugar a presentación do monográfico do número 2 da reviststa reNOVA GALIza, A Galiza Global: os galegos e galegas no mundo (I). No Web do Foro Cívico de Barcelona atopamos máis fotos e información.
outubro 04, 2006
Lula e mailo "noso" Brasil
Estes días estamos a seguir o que acontece nese, ás veces tan preto e outras tan lonxe, país marabilloso que é o Brasil. Dicimos "noso" porqué forma parte do noso espazo cultural. Eu adícome estes días a escoitar Radio Globo do Río de Janeiro e decátome, "máis uma vez", da incríble proximidade do galego e mailo brasileiro. Despois boto unha ollada na Folha de Sao Paulo e pregunto: ¿ cando van ter de brasileiro aulas os nenos galegos ? Respóndome, cando Galiza saiba onde fica o seu lugar no mundo. Namentres eu a escoitar Radio Globo e a ler a Folha de Sao Paulo.
setembro 18, 2006
No Pazo de Trasalba,...

Seguimos coa sesión da Clariña en diversos lugares do país. Este de agora é moi recomendable. Estamos na casa museo Pazo de Trasalba, residencia durante longo tempo do mestre Ramón Otero. O lugar onde está a Clariña é precisamente a galería do Pazo que foi deseñada por Castelao. A combinación de cores - verde enriba da pedra- e outros elementos fan da galería unha das pezas sublimes deste Pazo. Non deixedes de visitalo se tedes vagar. Velaí un texto recollido que eu tamén firmo: "Serán as terras vizosas de Trasalba e os contactos humanos alí desenvolvidos os que fagan descubrir a Don Ramón as esencias profundas da cultura tradicional e as que o poñan en contacto coa lingua, paisaxe e sensibilidade galega. A casa de Trasalba e os seus contornos paisaxísticos axúdannos decisivamente a mellor entender o pensamento oteriano e constitúese como un dos referentes simbólicos do noso pasado recente"
setembro 08, 2006
A Clara coa vaca de Breogán

En Santiago, visitando a exposición Nazón de Breogan, a Clariña posa xunto a ese icono animal de Galicia: a vaca. Supoñemos, dado que non dicía de quen era que se trataba da vaca do mesmísimo Breogán. Ora ben, teríanos parecido mellor que para isto fose unha Rubia galega, sempre máis enxebre ca de pintiñas, disque chegada de Suíza. Todo e que ¿Suíza non existía en tempos de Breogán? Entón, ¿de quen é a vaca?
setembro 02, 2006
Forno de pan en Ancares

Velaí o que cabe neste forno dunha casa labrega de terras Ancaresas. Son 14 fogazas e 1 empanada. Foron amasando na artesa, metade de centeo e metade de trigo. Ben amasado para que a masa no quede lelda. O pan aínda esta branquiño e o forno xa está roxado. Para roxar un forno precísanse ademais da leña seca de xesta ou uz unhas puxas, que serven para acender o primeiro lume. O pan deberá ser sacado ao seu tempo e seguro, ben seguro, que estará boísimo.
agosto 02, 2006
As galegas e os galegos no mundo (I)

O Foro Cívico Galego de Barcelona vén de presentar un monográfico que fala sobre nós, as galegas e galegos que pertencemos á Galiza Global. Mulleres e homes que vivindo fóra da Galiza territorial sentímonos formando parte da Galicia Nación. Dende a web do FORO, na sección da súa revista reNOVA GALIza se poden descargar os pdf que conteñen as 208 páxinas deste inmenso traballo sobre As galegas e os galegos no mundo (I).





