Quixen saber cántas entradas referenciaban en internet a esta bitácora dos vagalumes que se invan e o resultado foi (despois de entrar na páxina do buscador google e escribir “Invando vagalumes”, premendo a continuación buscar), a estarrecedora cifra de “un total aproximado de 1640 para invando vagalumes”. Descubrín que o señor google non contara ben (cousas da tecnoloxía que tamén se trabuca) e deducín que estabamos a falar de cen e algo, se cadra chegaban as duascentas entradas. Para mín seguía sendo unha cifra estarrecedora. A conclusión á que cheguei é que a rede das bitácoras de internet (o blogmillo) funciona, e moito mellor cós mercados financeiros. E funciona penso que pola combinación de dúas cousas: a tecnoloxía e, sobre todo, a ilusión xenerosa ¿ Quen verte contidos gratuítos en internet ? O que xenerosamente quere partillar a súa experiencia, anécdota, cita erudita, lingua, historia, etc, cos outros interesados da rede en tales cousas. E líganse as bitácoras unhas as outras nun exercicio de vencello telemático de aparencia case infinita. E por iso os mercados financeiros nunca funcionarán como o blogmillo, porque se ben teñen a tecnoloxía ao seu servizo cómpreslles esa xenerosidade básica necesaria para que calquera cousa humana marche ben. Os mercados aliméntanse da cobiza imparable que impera na lei do beneficio como valor exclusivo. As bitácoras aliméntanse do amor. Si, o amor de querer ser con alguén máis. A única experiencia que pode fuxir do imperativo do lucro egoísta. Por iso tamén eu tomei das verbas da miña avoa ágrafa unha palabra enxebre, invar, que fose símbolo da súa fala rica e lembranza do meu amor polos nosos, os devanceiros desa Galiza que arestora se espreguiza do longo sono na noite longa. Os vagalumes apegáronse por enxebreza normativa e cacofonía necesaria. outubro 14, 2008
¿Por qué non se poden invar vagalumes nos mercados financeiros?
Quixen saber cántas entradas referenciaban en internet a esta bitácora dos vagalumes que se invan e o resultado foi (despois de entrar na páxina do buscador google e escribir “Invando vagalumes”, premendo a continuación buscar), a estarrecedora cifra de “un total aproximado de 1640 para invando vagalumes”. Descubrín que o señor google non contara ben (cousas da tecnoloxía que tamén se trabuca) e deducín que estabamos a falar de cen e algo, se cadra chegaban as duascentas entradas. Para mín seguía sendo unha cifra estarrecedora. A conclusión á que cheguei é que a rede das bitácoras de internet (o blogmillo) funciona, e moito mellor cós mercados financeiros. E funciona penso que pola combinación de dúas cousas: a tecnoloxía e, sobre todo, a ilusión xenerosa ¿ Quen verte contidos gratuítos en internet ? O que xenerosamente quere partillar a súa experiencia, anécdota, cita erudita, lingua, historia, etc, cos outros interesados da rede en tales cousas. E líganse as bitácoras unhas as outras nun exercicio de vencello telemático de aparencia case infinita. E por iso os mercados financeiros nunca funcionarán como o blogmillo, porque se ben teñen a tecnoloxía ao seu servizo cómpreslles esa xenerosidade básica necesaria para que calquera cousa humana marche ben. Os mercados aliméntanse da cobiza imparable que impera na lei do beneficio como valor exclusivo. As bitácoras aliméntanse do amor. Si, o amor de querer ser con alguén máis. A única experiencia que pode fuxir do imperativo do lucro egoísta. Por iso tamén eu tomei das verbas da miña avoa ágrafa unha palabra enxebre, invar, que fose símbolo da súa fala rica e lembranza do meu amor polos nosos, os devanceiros desa Galiza que arestora se espreguiza do longo sono na noite longa. Os vagalumes apegáronse por enxebreza normativa e cacofonía necesaria. outubro 02, 2008
¿ Alguén viu a man invisible?
Foi Adam Smith(1723 -1790), filósofo e economista escocés, quen de xeito metafórico empregara o termo “man invisible” para describir o, segundo el, papel perfecto que ten o mercado libre na asignación de bens na economía. Fixérao no máis coñecido dos seus libros: “Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións”. Segundo Smith existe unha orde natural aplicable á economía que consiste en deixar que o propio mercado sexa quen de distribuír os seus bens entre os axentes (produtores, traballadores e consumidores). Deixar que actúe a “man invisible” do mercado que non ten outra norma máis que o mercado mesmo. Velaí a suma regra de Smith e do liberalismo económico identificado como neoliberalismo neste século XXI. A cuestión é que nestes días de derrube das maiores entidades financeiras do epicentro do mercado libre, os EEUU, andámonos a preguntar se alguén viu a man invisible de Smith porque non apareceu por ningures. Tan desaparecida está a devandita man que o goberno Bush suplicou ante o congreso federal a posta en marcha dun plano insólito de intervención pública no sistema financeiro dos USA. Sen o seu plano Bush agoira un 2009 “de dor e dificultades”. Caralluda a herdencia do George para o seu país: unha guerra interminable e unha economía en creba. No “Far West” Galaico o discurso do presidente Touriño afonda no panglossianismo autocomplacente tan típico do lugar: podemos estar contentos pois recibiremos 2020 millóns de euros do estado para o 2009. É o discurso oficial que di que está moi ben se pensamos que é un 8% dos orzamentos do estado para un país que representa en xente pouco menos do 7% do estado ¿Reparastes algunha vez na porcentaxe de peixe, leite, carne, madeira e enerxía eléctrica que achega Galiza ao estado ? Seguen a darlle unha pouca vianda vella á vaquiña que ten os tetos en Madrid. E iso que Quintana dixera aquelo de “a vaquiña polo que vale”. Namentres a “man invisible” segue agochada. A ver quen é o espilido que a atopa !setembro 29, 2008
Sodes pois uns imperialistas fracasados
Achego no meu blog un artigo de Salvador Soutullo Carolo, publicado no xornal Galicia-Hoxe onde comeza citando aquela tremenda estrofa de Castelao do Sempre en Galiza:setembro 17, 2008
L'éclat dans l'abîme
O máis internacional dos nosos escritores contemporáneos, Manolo Rivas, anda a colleitar éxitos coa súa última novela, Os libros arden mal, traducida ao Francés co título de L'éclat dans l'abîme. Alegrámonos moito pola nosa literatura pero sobretodo por Manolo que é un traballador da lingua e a cultura galegas, e ademais unha excelente persoa. Agora o debate que se abre é outro como apuntan en vieiros: "ao fío do excelente recibimento da obra de Rivas en Francia, o escritor e xornalista Santiago Jaureguízar abriu un debate no seu blog sobre a necesidade de que os autores e institucións galegas realicen unha proposta unitaria para o Premio Nóbel ao redor de Manuel Rivas, no canto de Xosé Luís Méndez Ferrín, de quen considera que a súa obra non ten a suficiente proxección internacional".setembro 11, 2008
No Cav Day
setembro 08, 2008
Viatge a un altre Axis Mundi

setembro 05, 2008
Non toda a culpa para Steiner

xullo 22, 2008
Alguén que é CHURGO
xullo 05, 2008
Irish National Heritage Park
Atrévome a afirmar con rotundidade que Irlanda constitúe unha das visitas obrigadas de calquera galego que posúa unha mínima conciencia da identidade propia de Galiza. Irlanda ou ben Eire, se empregamos a lingua propia daquel país, o gaélico, lingua celta do tronco das linguas indoeuropeas. E atrévome a tal porque da visita a Eire podemos coller conciencia e autoestima de nós. Un exemplo disto pode ser a visita ao chamado Irish National Heritage Park, que traducido ao galego é algo así como: Parque Nacional da Herdencia Irlandesa. Situado no sureste do país, a carón da cidade portuaria de Wexford, o parque constitúe un percorrido temático pola historia de Irlanda: idade de pedra, idade de bronce, a cultura celta, a introdución do cristianismo, ás invasións viquingas e despois normandas. Os pasos históricos que constitúen o cerne da nación irlandesa. Megalitos, pallozas, mosteiros, e invasións por mar ¿Semellanza con nós? Moita. A única e gran diferenza é que os Irlandeses gábanse da súa historia, explícana co orgullo e a convicción de que se trata dunha herdencia única que, depositada ao longo dos séculos, deu lugar unha nación única ¿para cando o Galician National Heritage Park ? Esperamos que non se faga moito de rogar. Esperemos.xuño 01, 2008
A cuestión Chiquilicuatre

maio 07, 2008
Pobre Italia !!!
Nestes días finais de abril de 2008 enteirámonos que na chamada cidade eterna, berce da civilización occidental, a complexa, caótica e ao mesmo tempo encantadora Roma, gañou a dereita despois de quince anos de goberno de esquerda. Até aquí nada preocupante. A democracia precisa de alternacia política porque senón non é tal. O preocupante desta victoria é que Gianni Alemanno, quen superou en sete puntos ao candidato de centro-esquerda Francesco Rutelli, exerceu durante a súa campaña un discurso no que asociaba a “inmigración” co “delito”, prometendo “man dura” cos inmigrantes e máis policia nas rúas, mesmo asegurou que expulsaría a milleiros de xitanos que residen en asentamentos ilegais nos arrabaldos da cidade. Un discurso xenófobo en toda regra. Fascista, para falarmos claro. Coméntame un compañeiro de traballo italiano que no ano 1982 Alemanno foi detido por arrebolar un “molotov” contra a embaixada soviética. Nunha das fotos que me achega este meu compañeiro nun correo electrónico pon ao pé de paxina: “Alla festa al Campidoglio per la vittoria di Gianni Alemanno sono spuntati anche quelli: i saluti in stile fascista sullo scalone che risale alla piazza del Comune”. Vemos en efecto na devandita foto á xente nunha escaleira da praza del Comune saudando ao estilo fascista ao novo alcalde que sae ao balcón a celebrar a victoria. Noutra vemos a uns rapaces de estética “skin-head” con bandeiras co símbolo neo-fascista do círculo cunha cruz no medio (a esvástica ten demasida carga, así que que agora empregan estoutra). O meu amigo remata o seu correo dicindo: aquí tedes unhas fotos tomadas onte en Roma que evocan o desafortunado pasado italiano. O correo electrónico levaba por título: Pobre Italia.abril 27, 2008
Engenheiros do Hawai
abril 09, 2008
Castelo de Doiras
marzo 01, 2008
Debate

febreiro 24, 2008
A gran estafa de Galicia Bilingüe
Unha escolma de videos desas persoas que queren recoller os froitos sementados durante a ditadura franquista. Colectivos aparecidos recentemente, curiosamente cando xa non goberna a dereita do "bilingüismo harmónico", e que tentan aproveitarse dos prexuizos e complexos que aínda habitan en moitos galegos. Velaí o video pendurado no YouTube
febreiro 08, 2008
Plataforma Coimbra - Galiza

febreiro 01, 2008
Ludwig Feuerbach
xaneiro 24, 2008
Fundación Castelao: vinte metros cadrados para o gran persoeiro galego

xaneiro 14, 2008
As primarias en Nova Inglaterra

decembro 22, 2007
Españolismo e Lusismo: intereses comúns
A semana pasada Francisco Rodríguez demandaba ao executivo de José Luís Rodríguez Zapatero, a apertura da emisión libre da Radio Televisión Portuguesa (RTP) no territorio galego. A petición de Francisco Rodríguez é unha vella reivindicación arelada por todos os galegos e galegas que cremos nunha Galiza aberta ao mundo e universal, enxertada na península ibérica en pé de igualdade disposta a dialogar coas outras linguas e culturas para arrequecerse con elas. Especial relevancia teñen a lingua e a cultura portuguesas para nós galegos, simplemente polo feito que galego e portugués comparten unha orixe propia e son a ferramenta de comunicación dese espazo cultural formado por Galiza e mailo Norte de Portugal, a vella Gallaecia que hoxe se proxecta no futuro como eurorexión. Precisamente estes días a asociación cultural Ponte nas Ondas está a poñer en marcha de novo a campaña para obter o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Inmaterial da Humanidade para o espazo cultural, histórico e lingüístico do galego-portugués: a Galiza e o Norte de Portugal. Esta loita polo recoñecemento e polo achegamento de Galiza e Portugal ten dous inimigos evidentes: chámanse españolismo e lusismo. O primeiro manifestábase, a través do líder da oposición nas Cortes de Madrid, Mariano Rajoy, dicindo que a el lle perocupa máis que o castelán estea ben protexido nas escolas das comunidades plurilingües. Pola súa banda o xefe do executivo, o socialista Zapatero, non desbotaba a petición do representante do BNG se ben aludía ás dificultades técnicas, xurídicas e económicas ¿A quen quere enganar o presidente do goberno español cando nos fala das devanditas dificultades en pleno século XXI? Non menos cambadelas han poñer na lusitana Lisboa, xa vimos o que están a facer co AVE Porto-Vigo, sempre moito despois do Lisboa-Madrid. Lembremos tamén que hai uns meses a UE designou a Badaxoz como a cidade onde asentar a sede do secretariado técnico que xestiona os programas de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal. Unha decisión impulsada dende Lisboa por mor de non dar pulo a calquera vontade autonomista de Oporto. Fixemos reflexión do feito neste invando vagalumes. E é que o españolismo e mailo lusismo teñen intereses comúns que pasan por frear o reencontro entre a Galiza e mailo Norte de Portugal.decembro 13, 2007
Xardón, acivro, acibreiro, acebiño, acevo, acibeira ...
Na terra ancaresa hai moitos Xardóns, tamén chamado: acivro, acibreiro, xardón, acebiño, acevo, acibeira, acivreiro, acibra, acibreira, cebro, escornacabras, rascacú, vellebrán, xando, xardeira, xardo e xardón por suposto.decembro 05, 2007
Brasil, mostra a tua cara
Fiquei muito emocionado ao ver que no mapinha coa origem dos leitores do Invando Vagalumes aparecian puntinhos do Brasil. Lembrei entao aquela cançao, penso que de campanha eleitoral, a dizer: "Brasil, mostra a tua cara, quero ver quen paga para que a gente fique assim, ...". E fiz este esforço por escreber (con segurança que con muitos erros) en Brasilero. Uma homenagem aos leitores Brasileros e uma homenagem para ese pais fermoso e incríble que é o Brasil, como diz a outra cançao: "moro, nun pais tropical, abençoado por Deus e bonito por natureza, mais que beleza, ohh la la, ohe, ee, ohh la la ... !!
novembro 20, 2007
Miguel de Cervantes Saavedra, ¿galego ou catalán?
Despois de observar que os da Fundació d'Estudis Històrics de Catalunya andan a defender a posible orixe catalana de Miguel de Cervantes Saavedra púxenme en disposición de enviarlles a seguinte misiva na que apunto argumentos a prol da orixe galega da figura fundadora da literatura castelá. A carta está en lingua catalana pero non vos traduzo porqué penso que é moi interesante para os que non tedes contacto con esta lingua que o teñades e que a coñezades. É unha lingua moi rica e de moitos matices, tanto lexicais como fonéticos. Vaia, un tesouro como o galego.he vist en la seva web la referència que fan al possible origen català d'en Miguel de Cervantes Saavedra. És difícil realment defendre aquesta tesi des del punt de vista antroponímic tenint en compte que:
- Cervantes és un topònim gallec.
(El Concello de Cervantes és el primer situat a Lugo venint del Bierzo-León cap a Galícia.
En gallec Cervantes té un significat exprés: "Terra de Cervos").
- Saavedra és també d'origen gallec.
De fet Saavedra en gallec vol dir "sala vella", com Pontevedra vol dir "ponte vella".
Tot i que són formes en desús en el gallec actual, no així en el gallec de l'edat mitjana.
D'altra banda és sabut que el llinatge Saavedra és molt antic a Galícia.
I també els estudis respecte de l'origen gallec de Miguel de Cervantes Saavedra (concretament origen a la província de Lugo), que va fer el genealogista Manuel Julio Platero Campo.
Tampoc perdin vostés de vista que el propi Miguel de Cervantes Saavedra, al començament del capítol trenta-nou de El Quijote diu:
Aquestes muntanyes a les que fa referència serien les que hi ha entre el Bierzo-León i Galícia.
El propi Padre Sarmiento, com saben un dels grans ilustrats del segle XVIII, sentenciava:
"...Cervantes y Saavedra, no pudo ser su linaje primitivo del Reyno de León, sino del Reyno de Galicia...".
M'agradaria que tinguessin tota aquesta informació en compte alhora de fer un judici sobre la catalanitat de Miguel de Cervantes Saavedra, perqué realment seria un cop excesiu de ridiculesa que acabèssim defensant la catalanitat d'algú que tindria l'origen en una altra de les nacions sense status d'Estat de la península.
Segurament que si l'historiografia oficial espanyola no vol que es faci llum al voltant de la possible catalanitat de "Cristòfor Colom / Cristobal Colon" tampoc no vol que es faci llum al voltant de la galleguitat de "Miguel de Cervantes Saavedra", ara bé s'hi mofaria en veure una reivindicació historiogràfica que atribuïs una catalanitat errada a la figura fundadora de la literatura castellana.
Rebin una cordial salutació.
novembro 14, 2007
Cuixart é morto

"... formou parte (últimos cuarenta/primeiros cincuenta) do grupo Dau al Set, que soa a Dada, barceloní e de expresión lingüística catalanizante. Como todos os seus membros (Tápies, J.J. Tharrats, Arnau Puig...) practicou unha sorte de biculturalismo francés-catalán, sen pasar pola alfándega de Madrid. Próximo a eles andaba o teórico e poeta Juan Eduardo Cirlot e dentro deles o xenial creador Joan Brossa, a quen tanto quixemos en vida. Lonxe, moi lonxe, os Goytisolo, Gil de Biedma, Barral...O surrealismo era unha vía tentadora na Cataluña con conciencia de ocupación militar desde 1939. "
novembro 08, 2007
O búlgaro que temía a Catalunya
Fago tradución do artigo de Pilar Rahola no Periódico de Catalunya
A escena é anódina. Chofer de hotel recolle hóspede para levar ao aeroporto de Madrid. Hóspede pregunta por tempo. Chofer pregunta procedencia. E, coñecidas as orixes, el, búlgaro, eu, catalá, o diálogo convértese nun impresionante furacán que descarrega medos e prexuízos sobre o meu santo país, a miña santa lingua e o meu menos santa paciencia. Barcelona é bonita, pero os nacionalismos son malos. Queren impoñer o catalán. España se rompe por culpa nosa. Na treboada, consigo abrir o paraugas e farfullo algunhas defensas, pero o meu amado búlgaro é un guerreiro forxado nas mellores mañás de COPE, e está blindado diante da capacidade sedutora do inimigo. Non hai discusión: os cataláns son intolerantes, perigosos secesionistas e fanáticos lingüístas, e o único bo é que Barcelona é bonita. El viría a traballar, pero en Barcelona hai cataláns. De xeito que lle aconsello vivamente que se quede en Madrid, que en Catalunya todos somos polacos e non búlgaros, e iso se paga. Remata: os nacionalismos son unha lacra para España. Cando lle digo que foron nacionalistas cataláns e vascos os que se puxeron ao encabezamento da loita pola democracia, lánzame unha mirada retadora, polo retrovisor: ademais de catalá, mentireira. Naturalmente, os seus coñecementos da nosa historia superan os meus. A educación bríndanos, finalmente, un desolado saúdo cando chegamos ao aeroporto. Ambos estamos deprimidos e cabreados. No avión leo a entrevista co presidente Montilla: "Catalunya non está nin deprimida, nin cabreada". Como eu, pero ao revés. Debe de ser que non coñecen o meu búlgaro. Sen embargo, o presidente ten razón. Catalunya continúa coas súas cousas, bastante allea á diana que lle puxo a España negra, a mesma que sempre a sobpuxo, a mesma que sempre a utilizou para azuzar o medo e o estómago. Pero a diana existe e está chegando ao delirio. Pensen no meu amado chofer. Naceu en Bulgaria e non fai moito tempo que está en España. Pero xa aprendeu o que é substancial: que os cataláns teñen cornos. Sen dúbida, a Brunete mediática é unha grande escola de integración.
outubro 23, 2007
Galegos na Diáspora

outubro 17, 2007
Quen teme o Reintegracionismo ?
Sen sermos nós partidarios do reintegracionismo strictu sensu. Defendendo un espazo propio para a lingua galega, porque isto é defender tamén un espazo propio para Galiza no mundo, particularmente no mundo "Galusófono" onde temos o dereito e deber de existir, quédome do artigo publicado en vieiros por Mauricio Castro con título Quen teme o reintegracionismo?, coas seguintes propostas que eu fago miñas :Ponhamos alguns exemplos:
- Que essência do nosso idioma se veria ameaçada pola difusom gratuita e generalizada dos meios de comunicaçom (televisons e rádios) portugueses no conjunto do território galego ?
- Porque a Administraçom autonómica nom segue os passos da estremenha, situando a Galiza à frente no ensino do português em escolas oficiais de idiomas e como segunda língua estrangeira no ensino secundário galego?
- Que impede inclusive incorporar o estudo do português como parte dos programas oficiais de Língua Galega nos diferentes níveis educativos, garantindo assim, em poucos anos, umha competência generalizada por parte de toda a populaçom galega?
- Seria tam difícil estabelecer acordos com administraçons e empresas informáticas, editoriais e audiovisuais para que a Galiza fique incluída na distribuiçom de materiais em português, que nos evitem pagar a portagem do espanhol para aceder a produtos culturais e tecnológicos de todo o tipo, já existentes na nossa língua?
outubro 06, 2007
Vivamos como galegos
setembro 21, 2007
Quen teme a literatura galega?

xullo 20, 2007
Avesedo e solleiro

- "Neste lugar avesedo a xeada dura meses".
- "No inverno a nosa agra é un avesío"
ANT. solleiro. Tamén s.m.
Gústame case tanto o antónimo: solleiro.
- "Neste lugar solleiro de seguida marcha a neve"
- "No verán no se para coa calor nesta agra solleira"
Unha aperta para todos os amantes das palabras. Sobre todo das palabras perdudas.
xuño 10, 2007
Homenaxe aos votantes

"A esquerda e o nacionalismo votante espera dos partidos vencedores unha política municipal contraria ao neoliberalismo", interesantísimo artigo de Méndez Ferrín sobre o resultado das municipaisen Galiza.
maio 31, 2007
Municipais en Cervantes

Total votantes ----- 1351 --- 58,84%
Abstención --------- 945 --- 41,16%
Votos nulos --------- 11 ---- 0,81%
Votos en blanco ----- 11 ---- 0,81%
Concelleiros a elixir: 9
PSdeG-PSOE ---- 858 (64,03%) -- 6
PP --------------- 317 (23,66%) -- 2
BNG ------------- 154 (11,49%) -- 1
maio 18, 2007
Aprendendo catalán en Galiza

fahent camins duptosos per la mar.
Mestre i ponent contra d'ells veig armar;
xaloch, levant los deuen subvenir
ab lurs amichs lo grech e lo migjorn,
fent humils prechs al vent tremuntanal
qu·en son bufar los sia parcial
e que tots cinch complesquen mon retorn
maio 14, 2007
A roupa aínda está lenta
Velaí a outra acepción, a menos coñecida no galego, para a palabra lenta (o) en galego. "A roupa aínda está lenta"; é dicir que non secou aínda. Está humida a roupa, xa que logo deixarémola un anaco máis ao sol para que seque. Dinme que hai poucos días xente galega que vive fóra do país chegou a algún punto xeográfico da parte oriental de Lugo, e aló escoitaron a unha muller maior que dicía da roupa pendurada que estaba lenta. Non a comprendían. ¿Como pode estar unha cousa quieta lenta? Nin lenta, nin rápida. A explicación é evidente: o léxico galego dos maiores é moito máis rico e ao mesmo tempo raro para os galegos máis novos. O termómetro avisa de que algunhas cousas non van ben. Eu que ando na teima de resgatar as palabras da morte boto a andar na rede esta lenta(o) coa arela de que ao lentor da rede recupere folgos e forzas nas voces dos falantes que isto len. Lembrade que lentor tanto se pode empregar para falarmos de humidade ("o lentor da terra") como de calorciño ("o lentor da cociña").
maio 09, 2007
Xostrear (xostra) ou xostregar (xóstrega)
- "Collín unha xesta e metinlle unhas xostregadas", a frase escoiteilla, como non, a alguén de Ancares.
- No TILGA xostrear aparece só na obra de Don Ramón Otero Pedraio, O señorito da Reboraina.
- No Franco Grande, a xostra ou xóstrega é unha vara delgada. Velaí xostrear ou xostregar, que é a acción de pegar ou dar golpeas coa xostra ou xóstrega.
Parece estar ben recollida a palabriña. Así que non deberiamos desacougar. Cómpre engadir que non se debería confundir con xostro, que é o que se di de alguén que pasivo -o que agora dicimos como que non se inmuta-.
maio 04, 2007
"Nós tamén queremos ser multimillonarios"

maio 01, 2007
Parques temáticos, ou como baleirar a identidade ao servizo do mercado
Calquera que teña ido a un destes parques temáticos que nacen e se reproducen coma cogumelos polo conxunto de Europa, nun inquedante arremedo do american way of life, terá percibido como neles se empregan determinadas identidades e elementos culturais como produtos de lecer -enterteiment- ao servizo do mercado. Estes días visitamos por primeira vez PortAventura, unha resistencia que durou preto de 14 anos tendo en conta que foi aló polo 1993 cando se inagurou este parque. Na distribución por temas do parque atopamos escenarios adicados, entre outros, á: Polinesia, México ou China. Supoño que poucos son os Polineses, Mexicanos e Chineses que visitan o parque aínda que algún debe haber. Digo eu se se preguntaran: ¿que ten isto que ver co meu país? Sobre todo porque entendemos e supomos que nada de nada. Curioso funcionamento da industria do lecer que precisa de elementos culturais e identitarios para despois baleiralos e poñelos á venda. Os elementos culturais, as identidades, funcionan para esta industria como os adobíos con que vender o produto. Tanto ten de que adobío se trata, abonda que teña unha boa dose de exotismo ou que teña sido elemento de guión cinematográfico (Far West, for instance). Ao cabo quen se diverte do que precisa é de que lle vendan o produto envurullado con musiquiña e outras cousas graciosas e excitantes nun exercicio de absoluta superficialidade. Un elemento necesario e central, o da superficialidade, no mundo do consumo. Unha visita a un parque temático é oportunidade para vermos e reflexionar sobre o mundo proposto polas world wide enterteiment enterprises: divírtanse e consuman que todos seremos felices. abril 26, 2007
Queipo: o libro como eco colectivo
A Xavier Queipo hai que, sobre todo, lelo. Porque é un dos bos escritores que ten a nosa literatura. Agora vén de facer unha achega no portal de cultura galega onde reflexiona sobre a lectura e o libro como eco colectivo: "Hai tempo que sei que os meus libros non os escribo eu só. Como refería Siddhart Dhanvant Shanghvi no seu capítulo de agradecementos, non é infrecuente que moitos escritores sintan un abraio especial ao reler os seus escritos. Senten así na propia pel o eco dos que os precederon e, se esa licenza é permitida, daqueles que os van continuar. Quizais por iso, algúns autores –se cadra sabios, se cadra non- néganse a reler os seus textos, con resultados empobrecedores para futuros traballos." Fermosa reflexión de Queipo que nos achega a dimensión metafísica do oficio de escribir. Comparto plenamente o que di Queipo, porque escribir é sempre un exercico de trascendencia: isto é, de recoller do noso pasado e presente para poñelo no futuro. Tamén así é a vida. abril 17, 2007
¿Por que vagalumes e non cagalumes?

marzo 31, 2007
Diáspora, saquiña de votos
marzo 27, 2007
É un burro tarasco, non se deixa montar

marzo 23, 2007
Santiago Casares Quiroga

marzo 20, 2007
Xergo
marzo 16, 2007
Borgia (ou ben Borja), os valenciano-cataláns na Santa Sé. ¿Unha Igrexa Patrimonializada?
marzo 09, 2007
Entre Lisboa e Madrid nunca estará Galiza
marzo 08, 2007
Palabras, palabras, ...
marzo 05, 2007
Manuel Rosales, oito veces gañador da Marathon de Nova York
Souben deste pequeno-grande home hai anos. Debeu ser aló polo 1997, cando tivemos a sorte de percorrer os 42 na grande mazá. Resulta que este galego nado en Marín e de profesión mecánico gañou na súa categoría 8 veces a mítica Marathón de Nova York. Dende este Blog o noso pequeno contributo ao coñecemento e recoñecemento deste home que pasará á historia por ser quen máis veces gañou a Marathon de Nova York na súa categoría. Por certo que Manuel ten 71 anos e este ano volve correr. Desexámoslle o mellor. Neste artigo de La Voz podedes atopar unha pequena biografía de Manuel Rosalesfebreiro 26, 2007
Retorno e desencontro

febreiro 17, 2007
Santa María do Castro

febreiro 12, 2007
O país portátil e a Galicia global





