Ao parecer tan mal corren estes tempos de crise que algunha xente prefire vender a súa liberdade e a dos seus por uns poucos cartos. Enteirámonos estes días de fin de ano dando voltas por algún xornal dixital galego da seguinte nova: algúns centos de cidadáns letóns pídenlle ao multimillonario ruso Román Abramovich -propietario entre outros do club inglés de fútbol Chelsea- que merque o seu país ¡Vaiche boa, Vilaboa! Letonia é unha das chamadas repúblicas bálticas, xunto con Lituania e Estonia; un país que acadara a independencia despois da I guerra mundial (agosto de 1920), para ser de novo anexionada vinte anos máis tarde á Unión Soviética (xuño de 1940). Co caída do muro e o bloque comunista obtivo novamente a independencia (agosto de 1991). Trátase dun país co dobre da extensión galega (uns 60000 qmts2) e un chisco menos de poboación (2 millóns 300 mil). Non deixa de ser rechamante que un país masacrado ao longo da súa historia polos imperios veciños dominantes (alemáns e rusos) e despois de dezasete anos de soberanía recuperada dispoña dunha minoría, aínda que sexa pouco significada, que desexe volver á escravitude dependente dun amo poderoso ¿Será se cadra o síndrome do colonizado?, ou ¿será que os cartos son máis aprezados cá dignidade? ¿Terán presentes estes señores en demanda do amo Abramovich a ringleira de letóns que deixaron a súa vida para que eles fosen homes libres? Un comentario á noticia dicía: ”que pouco amor propio teñen estes letóns, calquera diría que son galegos...”. Pensei que o comentario era esaxerado e dixen para min que os galegos non venderiamos dese xeito o noso país. Pero despois púxenme a botar contas e analizando polo miúdo: litoral estragado polo urbanismo exacerbado, louseiras e canteiras nos espazos naturais, lingua e culturas propias deturpadas, etc. Pensei que en Galiza, decembro 31, 2008
Hai cousas que no se venden
Ao parecer tan mal corren estes tempos de crise que algunha xente prefire vender a súa liberdade e a dos seus por uns poucos cartos. Enteirámonos estes días de fin de ano dando voltas por algún xornal dixital galego da seguinte nova: algúns centos de cidadáns letóns pídenlle ao multimillonario ruso Román Abramovich -propietario entre outros do club inglés de fútbol Chelsea- que merque o seu país ¡Vaiche boa, Vilaboa! Letonia é unha das chamadas repúblicas bálticas, xunto con Lituania e Estonia; un país que acadara a independencia despois da I guerra mundial (agosto de 1920), para ser de novo anexionada vinte anos máis tarde á Unión Soviética (xuño de 1940). Co caída do muro e o bloque comunista obtivo novamente a independencia (agosto de 1991). Trátase dun país co dobre da extensión galega (uns 60000 qmts2) e un chisco menos de poboación (2 millóns 300 mil). Non deixa de ser rechamante que un país masacrado ao longo da súa historia polos imperios veciños dominantes (alemáns e rusos) e despois de dezasete anos de soberanía recuperada dispoña dunha minoría, aínda que sexa pouco significada, que desexe volver á escravitude dependente dun amo poderoso ¿Será se cadra o síndrome do colonizado?, ou ¿será que os cartos son máis aprezados cá dignidade? ¿Terán presentes estes señores en demanda do amo Abramovich a ringleira de letóns que deixaron a súa vida para que eles fosen homes libres? Un comentario á noticia dicía: ”que pouco amor propio teñen estes letóns, calquera diría que son galegos...”. Pensei que o comentario era esaxerado e dixen para min que os galegos non venderiamos dese xeito o noso país. Pero despois púxenme a botar contas e analizando polo miúdo: litoral estragado polo urbanismo exacerbado, louseiras e canteiras nos espazos naturais, lingua e culturas propias deturpadas, etc. Pensei que en Galiza,
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
O poderoso dá seguridade a aquel que sempre estivo acostumbrado a ser patrón. Os marxistas sempre definiron estas cuestións nacionais en termos de obreiro-burgués e creo que é acertado no caso concreto do que falamos.
Moitas veces falamos de cultura galega (letona, por ex.) cando nos referimos ás nacións pero, indo máis aló deberíamonos cuestionar: ¿Qué gaña Touriño subxugándose a Zapatero?
Eu coido que nada, todo é froito dun centenario complexo de inferioridade do noso país, das nosas xentes.
Unha forte aperta, Suso
Publicar un comentario