Tarde do domingo 30 de novembro. No correo electrónico recibimos unha mensaxe que comeza co fatídico anuncio: “Morreu Dionisia”. Escribe dende a cidade de Bos Aires, Débora Campos, autora do blog dos fíos invisibles. Eses fíos que se tecen, teceron e tecerán ao redor da alma galega dende a diáspora consciente da capital do país austral, Arxentina. Tan lonxe e tan cerca. Dionisia López Amado (Cedeira 1928- Bos Aires 2008), salientable integrante das Nais da Praza de Maio, fundadora da comisión de Familiares e Desaparecidos Españois durante a dictadura militar. Co seu pano branco na cabeza reivindicaba xustiza. Procurou ao longo de máis de 30 anos ao seu fillo Antonio desaparecido, fotógrafo e membro do Partido Revolucionario dos Traballadores (PRT). Para ela estaba ausente, non morto. Mentres hai memoria non se perece. Axudou a moitas outras familias de desaparecidos dende 1978 até hoxe. Dionisia era das que levaba na frente unha estrela e no bico un cantar. A estrela da dignidade e mailo canto da liberdade. Está claro que para nós Dionisia non morreu, forma parte da historia da conciencia cívica de Arxentina, de Galiza e da humanidade. Tal e como lemos no correu remitido pola nosa amiga Débora dende a outra beira do atlántico: “Dionisia foi unha homenaxe á vida ao longo de 80 anos. E vivirá, dende logo, máis alá das circunstancias do seu corpo. Porque a vida é moito máis cunha chea de órganos. É un compromiso.” Maila tristeza da perda sentimos a ledicia da morte vencida porque nos decatamos que Dionisia vive en nós. E ademais vémola cal estrela que alumea o ceo Bonaerense.decembro 01, 2008
Dionisia, unha estrela que alumea no ceo de Bos Aires
Tarde do domingo 30 de novembro. No correo electrónico recibimos unha mensaxe que comeza co fatídico anuncio: “Morreu Dionisia”. Escribe dende a cidade de Bos Aires, Débora Campos, autora do blog dos fíos invisibles. Eses fíos que se tecen, teceron e tecerán ao redor da alma galega dende a diáspora consciente da capital do país austral, Arxentina. Tan lonxe e tan cerca. Dionisia López Amado (Cedeira 1928- Bos Aires 2008), salientable integrante das Nais da Praza de Maio, fundadora da comisión de Familiares e Desaparecidos Españois durante a dictadura militar. Co seu pano branco na cabeza reivindicaba xustiza. Procurou ao longo de máis de 30 anos ao seu fillo Antonio desaparecido, fotógrafo e membro do Partido Revolucionario dos Traballadores (PRT). Para ela estaba ausente, non morto. Mentres hai memoria non se perece. Axudou a moitas outras familias de desaparecidos dende 1978 até hoxe. Dionisia era das que levaba na frente unha estrela e no bico un cantar. A estrela da dignidade e mailo canto da liberdade. Está claro que para nós Dionisia non morreu, forma parte da historia da conciencia cívica de Arxentina, de Galiza e da humanidade. Tal e como lemos no correu remitido pola nosa amiga Débora dende a outra beira do atlántico: “Dionisia foi unha homenaxe á vida ao longo de 80 anos. E vivirá, dende logo, máis alá das circunstancias do seu corpo. Porque a vida é moito máis cunha chea de órganos. É un compromiso.” Maila tristeza da perda sentimos a ledicia da morte vencida porque nos decatamos que Dionisia vive en nós. E ademais vémola cal estrela que alumea o ceo Bonaerense.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario